• Galego
  • Español

O Salón de Plenos acollerá o 24 de maio a entrega dos premios dos Concursos de Lemas e Debuxo-Pintura para a eliminación da discriminación racial do ano 2023

Burela, 19 de maio de 2023. O salón de plenos acollerá o 24 de maio a entrega dos premios aos gañadores do Concursos de Lemas e Debuxo-Pintura para a eliminación da discriminación racial do ano 2023, que foron convocados pola Concellería de Inmigración, Cooperación e Integración. O acto terá lugar ás 11 da mañá.

Deixa que as diferenzas nos unan, de Mª Jesús Miraz Rivera foi o gañador do IX Concurso de Lemas.

E os premiados no IX Concurso de Debuxo-Pintura foron:

-2º categoría: -  1º Premio -  Shiva Eliska Alinda Nurhakim.

-3º Categoría: - 1º Premio - José López Losada

                                    2º Premio - Daniel Méndez Fernández

A concelleira de Inmigración, Cooperación e Integración, Noelia Mª Ben, felicita “aos gañadores e gañadoras e quero aproveitar para agradecerlles a todas e a todos a  súa participación nestes concursos”.