O Espazo Zero comeza o próximo xoves na Casa da Xuventude de Burela, un punto de encontro para adolescentes da man da asociación Arraianas
- A actividade, dentro do programa Candea de prevención da soidade non desexada e do suicidio, desenvolverase todos os xoves do 15 de outubro ao 17 de decembro, de 16:00 a 17:30 horas
Burela, 11 de outubro de 2026. A asociación Arraianas, en colaboración co Concello de Burela, inicia este xoves, 15 de outubro de 2026, o Espazo Zero, unha actividade de prevención da soidade non desexada e do suicidio dirixida a adolescentes. A proposta ofrece un espazo seguro onde as rapazas e os rapaces poden falar, compartir e pasar tempo xuntas e xuntos nun ambiente no que se sintan cómodas e cómodos.
O Espazo Zero enmárcase no programa Candea, de prevención da soidade non desexada e do suicidio en persoas maiores de 65 e menores de 18 anos e de apoio a familias e achegados e achegadas de persoas falecidas. A iniciativa conta co apoio da Consellería de Sanidade e do Ministerio de Sanidade do Goberno de España.
O tenente de alcaldesa e responsable da área de xuventude, Mario Pillado, destacou que “o Espazo Zero é un recurso para que a mocidade de Burela teña un lugar onde parar, falar de como se sente e apoiarse mutuamente”. Engadiu que, dende o Concello, “agradecemos o labor de Arraianas e animamos os e as adolescentes a achegarse á Casa da Xuventude para compartir momentos xuntos e xuntas”.
Para participar ou solicitar máis información, pódese contactar a través do teléfono 698 183 167 ou do correo electrónico candea@arraianas.org.