O equipo Veteranos SD Burela proclámase campión da división de honra 2025-2026
- A alcaldesa de Burela, Carmela López, participou na entrega da Copa de Campións no campo da Marosa
Burela, 9 de maio de 2026. O equipo Veteranos SD Burela recibiu hoxe a Copa da División de Honra, tras converterse en campións nesta tempada 2025-2026, un novo éxito deportivo para o fútbol local.
A alcaldesa de Burela, Carmela López, participou na entrega da Copa de Campións celebrada no campo da Marosa, felicitando ao equipo polo traballo realizado ao longo da tempada e polo compromiso demostrado dentro e fóra do terreo de xogo.
Desde o Concello quixeron trasladar os parabéns a todo o conxunto, destacando o papel do deporte como elemento de convivencia, participación e promoción de hábitos saudables.
O goberno local puxo en valor o esforzo e a constancia do equipo durante toda a competición, levando o nome de Burela e do deporte local a un novo éxito deportivo.