• Galego
  • Español

O CONCELLO SELECCIONA A UN OFICIAL DE PRIMEIRA ALBANEL PARA A ÁREA DE OBRAS. AS BASES DA CONVOCATORIA ATÓPANSE COLGADAS NO TABOLEIRO DE ANUNCIOS

Burela, 17 de decembro de 2021. O Boletín Oficial da Provincial publica hoxe as bases para a contratación como persoal laboral non permanente dun oficial de primeira albanel para a Área de Obras do Concello de Burela, ao abeiro do programa Fomento de Emprego do Plan Único da Deputación de Lugo.

A duración do contrato será de 6 meses. O sistema de selección será o de concurso-oposición. O prazo de presentación de documentación será de cinco días naturais contados a partir de mañá, 18 de decembro.

As bases da convocatoria atópanse colgadas no Taboleiro de Anuncios da web do Concello de Burela.