O Concello de Burela pechou o 2024 con superávit de máis de 5,9 millóns de euros en remanente de tesouraría
- O Goberno local aclarou que o maior gasto realizado no último exercicio responde ao uso de aforros municipais para investimentos, sen recorrer a crédito
Burela, 6 de novembro de 2025. O Concello de Burela pechou o exercicio 2024 con superávit en termos de estabilidade orzamentaria e cun remanente de tesouraría de 5.923.359,84 euros. Isto significa que a situación económica é sólida, con capacidade de financiamento e sen endebedamento.
En 2024 gastouse máis do que se ingresou, pero porque se utilizaron aforros municipais, o remanente de tesouraría, para financiar investimentos, como o expediente de expropiación por máis dun millón de euros, sen recorrer a crédito.
Do mesmo xeito que unha familia emprega os seus aforros para comprar unha vivenda ou mellorar o fogar, o Concello utilizou os seus fondos propios para mellorar servizos e infraestruturas. Non hai déficit, senón investimento responsable con recursos propios.
Burela conta cunhas contas saneadas, con capacidade de financiamento e estabilidade económica.