• Galego
  • Español

O Concello de Burela organiza un Curso de Esforzo de Integración para persoas estranxeiras

Burela, 29 de outubro de 2026. O Concello de Burela impartirá do 9 ao 16 de novembro na Casa do Concello un curso dirixido a persoas estranxeiras que ten como obxectivo facilitar a súa integración na contorna. A formación serve ademais de apoio para solicitar o informe de esforzo de integración que emite a Xunta de Galicia, un documento válido nos procesos de renovación de autorizacións de residencia.

As sesións terán lugar todos os días, de 9:30 a 13:30 horas, e serán impartidas pola técnica de inmigración do Concello, Conchita Pernas.

Esta actividade forma parte do programa de inclusión social da poboación inmigrante e desenvóvese no marco das subvencións a entidades locais para programas de inclusión social para os anos 2025 ao 2027, cofinanaciada pola Unión Europea no marco do Programa FSE+ Galicia 2021-2027.

Para máis información, as persoas interesadas poden chamar aos teléfonos 982 586 000 e 982 580 609.