O Concello de Burela organiza este luns, día 16 de outubro, un obradoiro para aprender a facer unha reanimación cardiopulmonar (RCP)
- Concide coa celebración do Día europeo de concienciación ante o paro cardiaco
Burela, 13 de outubro de 2023. O Concello de Burela organiza este luns, día 16 de outubro, un obradoiro teórico-práctico para aprender a facer unha reanimación cardiopulmonar (RCP).
“Calquera persoa pode verse nunha situación complicada xunto a alguén que necesite unha reanimación cardiopulmonar, polo que este tipo de actividades son fundamentais”, asegura a alcaldesa de Burela, Carmela López.
O obradoiro será ás 18:00 horas no salón de plenos do Concello de Burela e os ponentes Diana García Campos, enfermera da UCI do Hospital Público da Mariña; Yago Pernas Alvarez, técnico en emerxencias sanitarias, e Francisco Muñoz González, médico do Servizo de Anestesioloxía e Reanimación do Hospital Público da Mariña.
A actividade coincide coa celebración do Día Europeo sobre a concienciación ante o paro cardiaco, este ano co lema “Unha sociedade que salva vidas”.