O Concello de Burela felicita á Asociación Cultural Fanto Fantini polo premio PALCO ao Mellor Evento Cultural ou Musical co Festival Osa do Mar
Burela, 5 de novembro de 2026. O Concello de Burela felicita á Asociación Cultural Fanto Fantini, organizadora do Festival Osa do Mar, polo galardón na categoría de Mellor Evento Cultural ou Musical na segunda edición dos Premios PALCO, entregados onte, 3 de novembro, na Sala Capitol de Santiago de Compostela.
Estes premios, organizados pola Asociación Galega de Empresas Musicais (AGEM) en colaboración coa Xunta de Galicia, a través da Axencia Galega das Industrias Culturais (AGADIC) e os Concertos do Xacobeo, recoñecen o mellor da industria musical galega. O galardón pon en valor o traballo e a ilusión da xente nova que fai posible cada edición do Osa do Mar, un festival que se converteu nun referente cultural para Burela e que leva o nome do municipio para toda Galicia.
Dende o Concello agradecen o compromiso da asociación coa dinamización cultural da vila e animan á veciñanza a seguir apoiando iniciativas que, como esta, fan de Burela un punto de encontro para a música e a cultura.