• Galego
  • Español

O Concello de Burela estrea un novo servizo de expedición de DNI e pasaporte

  • A unidade móbil da Policía Nacional estará en Burela unha vez ao mes para tal fin, con arredor de 30 citas por xornada

Burela, 24 de setembro de 2026. O Concello de Burela estreou onte, mércores 23 de setembro, un novo servizo da unidade móbil da Policía Nacional para as xestións relacionadas coa expedición de DNI e pasaporte.

A unidade móbil estará en Burela unha vez ao mes, con arredor de 30 citas por xornada. As persoas interesadas poderán anotarse presencialmente na Casa do Concello, no número de teléfono 982 58 60 00 ou no correo electrónico dni@burela.org

Dende o Concello lembran á veciñanza que para anotarse anotarte será necesario indicar nome e apelidos, número de DNI e teléfono de contacto e que se pode renovar o DNI ata 6 meses antes da súa data de caducidade.

Desde o Concello contactarán posteriormente coas persoas inscritas para confirmar o día e a hora da cita. O obxectivo desta iniciativa é aumentar e achegar os servizos dos que dispón a cidadanía de Burela.

A alcaldesa de Burela, Carmela López sinala que "a través deste novo servizo pretendemos que sexa cada vez máis doado para a nosa veciñanza realizar trámites tan necesarios como a expedición dun DNI ou pasaporte, facilitando un pouco máis a vida dos burelaos e burelás".