O Concello de Burela entrega mañá, sábado 18 de novembro, a súa Medalla de Honra á Confraría de Pescadores polo centenario da súa fundación

- O acto será ás 12:00 horas no salón de pleno do concello
Burela, 17 de novembro de 2023. O Concello de Burela entrega mañá a súa Medalla de Honra á Confraría de Pescadores, que xustamente cumpre 100 anos o 18 de novembro.
O acto de entrega da medalla será ás 12:00 horas no Salón de Plenos do Concello de Burela. “Será un acto moi emotivo e queremos invitar a toda a veciñanza, especialmente a todas as familias vinculadas ao mar e á Confraría durante os seus 100 anos de vida”, asegura a alcaldesa, Carmela López.
O alumnado da Escola de Música Municipal acompañará o acto, tras o que se inaugurará a placa conmemorativa á Confraría na praza do Concello