O Concello de Burela convoca un Pleno Extraordinario Urxente para mañá, 9 de setembro de 2026
- A sesión terá lugar ás 13:30 horas no Salón de Plenos e abordará un recurso especial en materia de contratación e a proposta de festivos locais para 2027
Burela, 8 de setembro de 2026. O Concello de Burela convocou unha sesión extraordinaria urxente do Pleno, que terá lugar mañá, 9 de setembro de 2026, ás 13:30 horas, no Salón de Plenos.
Na orde do día inclúese a proposta dos días 9 de febreiro (martes de Entroido) e 7 de xuño (luns das Festas Patronais) como festivos locais para o ano 2027.
Ademais a sesión tamén abordará a remisión do expediente de contratación, así como a aprobación dun informe ao Tribunal Administrativo de Contratación da Comunidade Autónoma de Galicia, respecto a un recurso presentado por unha organización sindical respecto ao prego que rexe a licitación do Servizo de Axuda no Fogar.