O Concello de Burela convoca un Pleno Extraordinario para realizar o sorteo das mesas electorais das eleccións do 29 novembro de 2026
Burela, 2 de novembro de 2026. O Concello de Burela celebrará mañá, martes 3 de novembro, un pleno extraordinario para realizar o sorteo para a formación das mesas electorais de cara ás eleccións xerais previstas para o vindeiro 29 de novembro.de 2026
A sesión terá lugar ás 10:00 horas no Salón de Plenos da Casa do Concello. Este sorteo constitúe o único punto incluído na parte resolutiva da orde do día e levarase a cabo en cumprimento do establecido no artigo 26 da Lei Orgánica 5/1985, do 19 de xuño, do Réxime Electoral Xeral que, segundo indica, debe realizarse entre os días vixésimo quinto e vixésimo noveno posteriores á convocatoria.