• Galego
  • Español

O Concello de Burela convoca sete prazas de socorristas, 2 de xardineiros/as e 5 para a brigada de prevención e extinción de incendios

Burela, 29 de xuño de 2023. O Concello de Burela convoca sete prazas de socorristas, 2 de xardineiros/as e 5 para a brigada de prevención e extinción de incendios.

A alcaldesa, Carmela López, explicou que “as persoas interesadas en participar nesta convocatoria de postos de traballo temporais para este verán poden atopar toda a información na sede electrónica do Concello de Burela. Os prazos para a presentación das solicitudes oscilan entre os 5 e os 7 días naturais contados desde o seguinte ao da publicación das bases no Boletín Oficial da Provincia”.