• Galego
  • Español

O Concello de Burela abre un proceso selectivo para a contratación de dous/dúas auxiliares administrativos/as

Burela, 25 de outubro de 2023. O Concello de Burela informa da publicación no BOP de Lugo deste luns, 23 de outubro, das bases reguladoras do proceso que se levará a cabo para a selección de dous/dúas auxiliares administrativos/as mediante a modalidade de funcionario interino.

A duración do contrato será de sete meses a tempo completo. As bases íntegras da convocatoria publicáronse no BOP de Lugo e na sede electrónica (https://burela.sedelectronica.es) do concello. Estarán tamén a disposición das persoas interesadas no Rexistro Xeral do concello.

Entre as funcións do posto, está a atención ao público, telefónica e persoal; a elaboración e mecanografiado de escritos diversos, correspondencia e resto de documentos; o manexo dos programas informáticos necesarios para a súa actividade (gravación de datos, obtención de listaxes, etc.), ou a xestión de correspondencia (recepción, distribución e arquivo).

As persoas interesadas que desexen participar no proceso selectivo presentarán as súas solicitudes no Rexistro Xeral, en horario presencial de 9,00 a 14,00 horas, ou mediante rexistro telemático as 24 horas.

O prazo de presentación é de sete días naturais contados dende o día seguinte ao da publicación da convocatoria no Boletín Oficial da Provincia de Lugo (BOP).