O Centro Gaia do Concello de Burela organiza uns obradoiros de manualidades e xogos de balde na praza da Mariña
- Terán lugar de 11:00 a 13:00 os días 25, 26 e 27 de marzo, e en caso de choiva desenvolveranse na praza de Abastos
Burela, 22 de marzo de 2024. O Centro de Educación Medioambiental Gaia do Concello de Burela organiza os talleres Manualidades e Xogos con Gaia os días 25, 26 e 27 deste mes.
Serán na praza da Mariña de 11:00 a 13:00, e a participación será gratuíta. En caso de choiva moveranse á praza de Abastos.
A concelleira de Cultura Medioambiental e Ecolóxica e responsable do centro Gaia, Lina Gómez Pardo, anima "a todos os nenos e nenas de Burela a participar nestes talleres para aprender de xeito divertido sobre o coidado do medio ambiente".