• Galego
  • Español

AS MONITORAS DE GAIA CONCIENCIARON AO ALUMNADO DE INFANTIL DO CEIP VIRXE DO CARME, DE BURELA, DA NECESIDADE DE AFORRAR AUGA

Esta mañá as monitoras de Gaia estiveron co alumnado de Infantil do CEIP Virxe do Carme cun conto que se titula O señor encoro e a chuvia, “co que intentamos concienciar @s nen@s na necesidade de aforrar auga e non malgastala”.

Desde Gaia sinalan que “explícaselles de onde vén a auga que bebemos e cando facemos mal uso dela, como cepillarnos os dentes coa billa aberta ou bañarnos en vez de ducharnos, porque estamos gastando moita auga innecesariamente”.