• Galego
  • Español

Entregados os premios dos Concursos de Lemas e Debuxo-Pintura para a eliminación da discriminación racial do ano 2023

Burela, 24 de maio de 2023. O salón de plenos acolleu esta mañá a entrega dos premios aos gañadores dos Concursos de Lemas e Debuxo-Pintura para a eliminación da discriminación racial do ano 2023, que foron convocados pola Concellería de Inmigración, Cooperación e Integración.

Deixa que as diferenzas nos unan, de Mª Jesús Miraz Rivera foi o gañador do IX Concurso de Lemas.

E os premiados no IX Concurso de Debuxo-Pintura foron:

-2º categoría: -  1º Premio -  Shiva Eliska Alinda Nurhakim.

-3º Categoría: - 1º Premio - José López Losada

                           2º Premio - Daniel Méndez Fernández

O acto foi presidido polo alcalde burelés, Alfredo Llano.

A concelleira de Inmigración, Cooperación e Integración, Noelia Mª Ben, felicitou “aos gañadores e gañadoras e quero aproveitar para agradecerlles a todas e a todos a  súa participación nestes concursos”.