• Galego
  • Español

Entrega dos premios do Certame ‘Medrar Lendo’ en Burela

Burela, 12 de xuño de 2026. A concelleira de Cultura de Burela, Lina Gómez, e o tenente de alcaldesa, Mario Pillado, fixeron entrega dos premios do Certame de Narración e Debuxo Infantil Letras Galegas 2026, organizado pola Biblioteca Pública Municipal baixo o lema “Medrar lendo”.

O certame desenvolveuse no marco da programación das Letras Galegas e contou coa participación de nenos e nenas de diferentes centros educativos do municipio nas modalidades de narración e debuxo infantil.

As persoas premiadas nesta fase local representarán ao Concello de Burela na fase provincial convocada pola Biblioteca Nodal de Lugo.

Durante o acto de entrega, Lina Gómez felicitou ás nenas e nenos participantes polo seu traballo e destacou “a creatividade e a implicación da mocidade burelá nun certame que promove a lectura, a lingua galega e a expresión artística dende idades temperás”.