• Galego
  • Español

Entre 600 e 700 persoas se darán cita no XIII Encontro de Palilleiras, que se celebrará en Burela o vindeiro 20 de maio

Burela, 5 de maio de 2023. Entre 600 e 700 persoas se darán cita no XIII Encontro de Palilleiras, que se celebrará en Burela o vindeiro 20 de maio. Está organizado pola asociación As Encaixeiras e polo Concello.

O alcalde, Alfredo Llano, explicou que “entre seiscentas e setecentas participantes se darán cita en Burela no décimo terceiro Encontro de Palilleiras, que vai ser tan numeroso ou máis que nas pasadas edicións. E hai unha cuestión moi curiosa, que vai participar palillando unha señora que ten 105 anos. Isto é algo singular e rechamante e indica o importante que é este tipo de arte para moita xente”.

O rexedor contou que “vai haber exposicións, obradoiros e actos importantes e singulares na nave de redes. Vai ser un día importante para Burela dado que teñen moitas actividades paralelas nas que lle dan importancia ao conxunto do noso concello. E todo iso terá repercusións tanto na promoción turística como na economía local”.

Llano convida “á veciñanza de Burela e de toda a comarca da Mariña a achegarse á nosa vila o vindeiro 20 de maio para ver e disfrutar deste arte, que é unha auténtica marabilla”.