• Galego
  • Español

Comeza o prazo para novas matrículas na Escola Municipal de Música de Burela

  • Ficará aberto ata o vindeiro día 11 de setembro
  • Para inscribirse será necesario acudir á Casa da Xuventude ou chamar aos teléfonos 982 879 483 e 982 580 720 en horario de 10:00 a 14:00 horas

Burela, 1 de setembro de 2026. O Concello de Burela informa de que hoxe, martes 1 de setembro, comeza o prazo de matrícula para novo alumnado na Escola Municipal de Música.

As inscricións serán ata o día 11 na Casa da Xuventude, na rúa do Cancelo, ou nos teléfonos 982 879 483 e 982 580 720, en horario de 10:00 a 14:00 horas.

Haberá prazas dispoñibles en música e movemento para cativada a partir de 4 anos, formación instrumental para adultos cos instrumentos dispoñibles na escola, agrupacións musicais de diferentes tipos e outras actividades.

O tenente de alcaldesa Mario Pillado anima á cidadanía e ás familias de Burela a "ser parte deste novo curso na Escola de Música para desfrutar ao máximo desta arte na nosa vila".