Buzón de Intercambio de Lectura
Para celebrar o Día das Letras Galegas, o Concello de Burela inaugurou hoxe o primeiro Buzón de Intercambio de Lectura de Burela.
Está situado no parque Rosalía de Castro e o quiosco da praza da Mariña, decorado por voluntarias e voluntarios do Club de Lectura de Burela.