• Galego
  • Español

Burela suspende a recollida de lixo o martes 4 de novembro por festivo

Burela, 30 de outubro de 2025. O festivo local de San Martín de Porres, inicialmente previsto para o luns 3 de novembro, foi trasladado ao martes 4 de novembro. Como consecuencia, ese día non se realizará a recollida de lixo no municipio, segundo informou o Concello de Burela.

O concelleiro de Obras e Benestar Comunitario, Ramiro Fernández Rey, aproveitou para lembrar “a todas as veciñas e veciños que teñan en conta este cambio á hora de xestionar os seus residuos para evitar acumulacións e molestias. A colaboración de todos é fundamental para que os servizos funcionen correctamente”.

O Concello lembra que a recollida retomará o seu horario habitual a partir do mércores 5 de novembro.