• Galego
  • Español

Burela reparte alimentos entre más de 80 familias

En Burela están repartiendo alimentos ya entre más de 80 familias. La concejalía de Servicios Sociales se encarga de coordinar el reparto. «Continuamos co reparto de alimentos para as persoas incluídas no programa Fega, o Fondo de Axuda Europea destinado aosmáis desfavorecidos. Son produtos non perecedoiros que chegan e se reparten semestralmente. E tamén recollemos froita e verdura do Banco de Alimentos de Lugo, na súa delegación para A Mariña, que está situada en Foz, para facérllelo chegar ás familias incluídas neste programa por parte do Concello e de Mulleres en Igualdade. Son un total de 80 familias as que reciben esta axuda cada 15 días», explica Carmela López.

«Agradecemos tamén a colaboración de ABSA, xa que doou 90 pezas de pescada do pincho, en total uns 200 quilos, para facer a súa achega a ese reparto de alimentos frescos. Na limpeza e empacado da pescada participaron exportadores do porto de Burela». Carmela López «da as grazas tamén á Policía Local, ao persoal municipal, aos voluntarios do Banco de Alimentos de Lugo en Foz e á asociación Mulleres en Igualdade.

Fonte: La Voz de Galicia