• Galego
  • Español

Burela estrea o seu propio Paso de Vaca

  • Casa Grande de Xanceda e o Concello de Burela inauguraron onte, 22 de setembro, Día Mundial sen Coches, un novo Paso de Vaca para achegar un anaquiño do rural ao corazón da vila
  • De 13:00 a 20:00 horas, houberon actividades, sorpresas e agasallos para toda a familia porque, por un día, en Burela os coches deixan paso ao cow life

Burela, 23 de setembro de 2026. En Casa Grande de Xanceda levan anos defendendo que as cebras están moi ben pero nada representa mellor  Galicia que as vacas. Esta granxa ecolóxica vén de asociarse co Concello de Burela para substituír un paso de cebra do municipio por un de vaca. Esta intervención substitúe as tradicionais raias dun paso de peóns polas inconfundibles pintas dunha vaca frisoa.

A estrea fíxose no Día Mundial sen Coches, unha xornada que convida a repensar a maneira na que nos movemos e o espazo que ocupan os vehículos en vilas e cidades. Desde Casa Grande de Xanceda quixeron, con esta xornada, invitar a “deixar o coche aparcado, baixar o ritmo, mirar ao noso redor e achegarnos á vida no campo”.

Ou, dito á maneira Xanceda, practicar un pouco máis o cow life. O cow life non consiste, explican desde a granxa, en “ter unha vaca na casa” senón en “lembrar que existe unha vida máis alá das présas, dos atascos e do asfalto”. Así, convidan a “recuperar o contacto coa natureza, consumir produtos de proximidade e lembrar que o rural é quen alimenta ao mundo”. Do paso de cebra ao Paso de Vaca

A historia dos Pasos de Vaca comezou en 2018, cando Casa Grande de Xanceda decidiu demostrar que Galicia podía ter un paso de peóns moito máis seu. O primeiro instalouse no centro da Coruña e converteu as raias da cebra nas manchas dunha vaca.

Desde entón, a iniciativa foi deixando pegada en diferentes puntos de Galicia, chegando a lugares como Santiago de Compostela, Boimorto, Lugo ou Pontevedra, cun mesmo obxectivo: facer visible o rural tamén nos espazos urbanos e reivindicar o papel das vacas, das persoas gandeiras e do sector primario na  sociedade E desde hoxe, Burela, tamén ten o seu.

Un 22 de setembro moi cow

A inauguración do novo Paso de Vaca contou coa participación do Concello de Burela, representado por Lina Gómez Pardo, concelleira de Cultura, Comercio de Proximidade e Cultura Medioambiental e Ecolóxica–Gaia, así como coa participación de Sara Torreiro, Responsable de marketing e RSC.

O novo Paso de Vaca de Burela nace precisamente para facer visible esa realidade dunha maneira diferente, positiva e moi Xanceda: sacando o rural do rural e levándoo alí onde pasa a xente.

Deixamos o coche aparcado, poñémonos en modo cow life e cruzamos pola vaca.

Porque ás veces para avanzar non fai falta correr máis. Só hai que saber por onde cruzar.