• Galego
  • Español

Burela é hoxe protagonista na Feira Xantar de Ourense

Burela é hoxe un dos concellos protagonistas na prestixiosa feira Xantar de Ourense, onde están a alcaldesa, Carmela López, e o concelleiro de Turismo, Ramiro Fernández. 

Da man de Ledicia (asociación organizadora da Feira do Bonito), realizou unha degustación de empanada e albóndigas de bonito na feira.

"Somos un pobo acolledor e con moito que ofrecer, cun gran patrimonio natural e por suposto unha moi boa gastronomía", asegurou na sua intervención Carmela López.

A alcaldesa convidou a todos os asistentes "á Feira do Bonito de Burela 2024, que será como sempre a primera fin de semana de agosto".

O concello puxo un autobús para que os veciños e veciñas interesadas puidesen acudir a esta cita. 

A feira comezou o xoves e remata mañá, e o Concello de Burela, en colaboración coa Fundación Expomar, ten un stand de promoción turística.