• Galego
  • Español

Burela celebra as Letras Galegas coa obra “Tras os vieiros de Florencio” para coñecer a figura do autor homenaxeado

Burela, 12 de maio de 2022

AXENDA CULTURAL

Burela celebra as Letras Galegas coa obra “Tras os vieiros de Florencio” para coñecer a figura do autor homenaxeado 

O concelleiro de Cultura, Jose Díaz, convida a todas as persoas a asistir ao espectáculo para achegarse á figura do escritor homenaxeado este ano, Florencio Delgado Gurriarán, “e que mellor forma de facelo que desde o humor e a maxia acudindo este domingo á Casa da Cultura con entrada gratuíta”


TRAS OS VIEIROS DE FLORENCIO
Porgrama de dinamización lingüística Fala Redes

Domingo, 15 de maio
Casa da Cultura de Burela
19 horas
Entradas de balde


INFORMACIÓN:
O Domingo 15 de Maio ás 19:00 horas dentro do programa de dinamización lingüística #FalaRedes será representado na Casa da Cultura de Burela "Tras os vieiros de Florencio", espectáculo da compañía Fantoches Baj que mostra a traxectoria, a obra e máis a poética do autor homenaxeado este ano no Día das Letras Galegas: Florencio Delgado Gurriarán. 

Esta peza de teatro de obxectos dirixida preferentemente a público adolescente e adulto parte dun documento excepcional sobre a vida do poeta valdeorrés, que é a longa entrevista que él lle concedeu a Dolores Pla en Agosto de 1979 na súa casa de Guadalaxara (México) para o "Archivo de la Palabra". Os textos desta entrevista mestúranse en "Tras os vieiros de Florencio" cos poemas do autor, os cales xiran arredor de tres eixes: poesía galeguista, poesía festiva e paisaxística e poesía intimista.

No espectáculo ten moita importancia a banda sonora, creada a partir de temas tradicionais que gravou o guitarrista Antonio Bravo, especialista no Cancioneiro Galego de Jesús Bal y Gay.

Sinopse: 
Na década dos 60, logo duns días exercendo de visitador farmacéutico pola contorna de Guadalaxara, Florencio Delgado Gurriarán chega á casa canso, cheo de sede e cargado co seu maletín. Ante a presenza inesperada dos espectadores describe o seu día a día de axente comercial pola rexión. Pouco a pouco, axudándose dos elementos que leva no maletín e embargado pola saudade, van aflorando as lembranzas do seu Córgomo natal, a guerra, a chegada ao seu país de acollida e algúns momentos festivos.
A entrada será libre.