• Galego
  • Español

Burela acolleu a I Gala Solidaria Síndrome de Tourette para dar visibilidade a esta enfermidade

  • O evento reuniu á veciñanza nunha xornada de sensibilización e compromiso social impulsada por Tourette Galicia

Burela, 13 de abril de 2026. O Concello de Burela foi escenario esta fin de semana da I Gala Solidaria a favor da síndrome de Tourette, unha iniciativa organizada por Tourette Galicia coa finalidade de contribuír a dar visibilidade desta enfermidade.

O evento contou coa asistencia de veciñanza e coa participación de diversos grupos e colectivos que ofreceron distintas actuacións ao longo da xornada, entre eles ACM Arume, alumnado do CEIP Os Castros, Grupo de Cordas, Sen Límites, Fervenza 0,0 e Golpe de Efecto.

A gala desenvolveuse coa colaboración do Concello de Burela, ACIA Burela e ABSA, así como co apoio de establecementos e negocios locais, que contribuíron, entre outras cuestións, á realización de sorteos durante o evento.

O Concello de Burela agradeceu a implicación da entidade organizadora e das persoas e colectivos participantes. Neste sentido, sinalaron que “é fundamental apoiar este tipo de iniciativas que axudan a visibilizar realidades que aínda son pouco coñecidas ou mal interpretadas pola sociedade”.

Dende o concello indicaron tamén que a celebración deste tipo de eventos contribúe a dar maior visibilidade a distintas realidades sociais e a favorecer a construción unha sociedade máis informada, empática e respectuosa.