• Galego
  • Español

Burela acollerá unha formación sobre o autocuidado dos profesionais que traballan con menores

Burela, 21 de outubro de 2026. O Concello de Burela acollerá este venres 23 de outubro a formación “Autocuidado do profesional: o teu sistema nervioso como guía para unha práctica sostible con nenos, nenas e adolescentes”, organizada pola asociación Alborada no marco do seu programa de formación continua para profesionais de Galicia que traballan con menores.

A sesión desenvolverase de 9:30 a 13:30 horas no Salón de Plenos do Concello de Burela e a formación será impartida por Alba Burundarena, psicóloga sanitaria.

A participación é gratuíta e as persoas interesadas poden inscribirse a través da web formacion.alborada.org e calquera consulta poderá facerse por correo electrónico redes@alborada.org ou por teléfono 694 283 592.