• Galego
  • Español

Burela acollerá este venres dúas actividades da Garda Real dentro do exercicio ‘Lugo 2026’

Burela, 7 de maio de 2026. O Concello de Burela será escenario este venres, 8 de maio, de dúas actividades organizadas pola Garda Real no marco do exercicio ‘Lugo 2026’, unha iniciativa que se está a desenvolver durante esta semana en distintos municipios da provincia.

A programación comezará ás 19:00 horas na praza do Concello cunha exposición de material da Garda Real aberta á cidadanía. Posteriormente, ás 21:00 horas, terá lugar o arriado de bandeira, no que participará unha sección integrada por 18 persoas.

O exercicio ‘Lugo 2026’ forma parte da programación anual da Garda Real e inclúe actividades de instrución e adestramento combinadas con actos institucionais e divulgativos en diferentes localidades lucenses. A iniciativa busca achegar esta unidade á cidadanía e dar a coñecer o seu labor e as súas capacidades.