• Galego
  • Español

Burela acolle hoxe a representación teatral "Bio Construción"

  • A Casa da Cultura de Burela será o escenario hoxe ás 21:00 horas da representación de "Bio Construción", unha obra de Santiago Cortegoso a cargo da compañía Ibuprofeno Teatro

Burela, 23 de outubro de 2026. Burela acolle hoxe, ás 21:00 horas na Casa da Cultura, a peza teatral "Bio Construción", dirixida e interpretada polos actores Marián Bañobre e Santiago Cortegoso, que contará coa música en directo de Macarena Montesinos.

O espectáculo, dirixido ao público adulto, aborda, entre o surrealismo e o absurdo e desde a reflexión, temas como a crise climática, a inxustiza do sistema inmobiliario, o fracaso ou o amor na sociedade contemporánea.

As entradas teñen un prezo de 5 euros e poderán adquirirse na taquilla da Casa da Cultura a partir das 20:00 horas, unha hora antes do inicio da función.