• Galego
  • Español

Burela acolle dous cursos formativos para persoas estranxeiras e preparación de probas oficiais

  • As accións, promovidas por Ecos do Sur, inclúen formación en español e preparación para o exame de nacionalidade, e celebraranse unha vez se complete o grupo de participantes

Burela, 16 de abril de 2026. Burela acollerá dous cursos formativos dirixidos a persoas estranxeiras, organizados por Ecos do Sur. Por unha banda, desenvolverase un curso de preparación para a proba CCSE do Instituto Cervantes, cunha duración de 40 horas. Por outra, ofértase un curso de español para persoas estranxeiras, cun total de 80 horas de formación.

A inscrición permanece aberta sen data límite establecida, e as datas de inicio dos cursos programaranse unha vez se complete o grupo de persoas participantes.

As persoas interesadas inscribirse a través do número de teléfono 982 580 609 ou de maneira presencial no Concello de Burela.

Segundo explicou o tenente de alcaldesa, Mario Pillado, estas iniciativas buscan facilitar o acceso á formación e favorecer os procesos de integración das persoas estranxeiras residentes no municipio.