Burela acolle a partir de mañá o IV Campamento Musical da Asociación Asuembu
- O campamento, no que participarán nenos e nenas de toda a península, conta co apoio do Concello de Burela e a Deputación
Burela, 24 de xuño de 2026. O Concello de Burela informa de que na tarde de mañá, xoves 25 de xuño, comeza unha nova edición do Campamento Musical organizado pola asociación Asuembu en colaboración co Concello e a Deputación de Lugo.
O IV Campamento Musical Verán Burela 2026 terá lugar no CEIP Plurilingüe Os Castros ata o domingo 28 de xuño, e participarán nel nenos e nenas de máis de 8 anos chegados de tódolos puntos da península.
Ademais do entretemento musical, con instrumentos de corda, vento ou percusión, a rapazada desfrutarán de moitas outras actividades lúdicas, así como dun gran concerto final conxunto.
A presentación será ás 15:30 de mañá, e o concerto final terá lugar o domingo 28 ás 18:00 no auditorio da Casa da Cultura de Burela.
Mario Pillado, tenente de alcaldesa e concelleiro de Educación e responsable da Escola de Música, ámosase convencido de que "esta nova edición do campamento será, como cada ano, todo un éxito para desfrute dos rapaces e rapazas".