• Galego
  • Español

Bando do Concello de Burela: Medidas de peche perimetral que entran en vigor ás 00.00 horas do sábado 7

Adxuntamos Bando do Concello coas medidas que entrarán en vigor a partir das 00.00 horas do sábado, 7 de novembro, cando Burela iniciará o peche perimetral decretado pola Xunta de Galicia. O recinto deportivo anexo ao Parque Rosalía de Castro estará pechado ata o 4 de decembro, non podendo ningunha persoa acceder ao mesmo.

E o Concello vai solicitar que se permita un aforo de 50 persoas no Auditorio Municipal en lugar das 30 estipuladas inicialmente, "debido ás dimensións da instalación nas que se garante perfectamente a distancia de seguridade", explicou o alcalde, Alfredo Llano, este mediodía.

Descargar bando (PDF)