• Galego
  • Español

Alumnado de 3º de Primaria do Ceip Virxe do Carme, de Burela, participou nun taller sobre as velutinas da man das monitoras da Aula Gaia e do xerente da empresa Serpa

Burela, 14 de abril de 2023. Alumnado de 3º de Primaria do Ceip Virxe do Carme, de Burela, participou nun taller sobre as velutinas da man das monitoras da Aula Gaia e do xerente da empresa Serpa.

Desde Gaia explicaron que “hoxe estivemos co alumnado de 3º de Primaria do CEIP Virxe do Carme cun taller de velutinas, no que nos acompañou José María Vázquez, que é o xerente da empresa Serpa, que se encarga de eliminar avespas asiáticas”.

As monitoras de Galicia sinalaron que “o taller consistiu en que lles explicou o que é unha velutina, os tipos de niños que fan, en que épocas do ano constrúen cada un deles, a importancia que ten atrapar a avespa raíña na primavera para que así non siga construíndo máis niños, …”.

E engadiron: “os rapaces puideron ver uns niños e varias avespas velutinas raíñas desecadas. Despois o alumnado aprenderon a facer unha trampa para a velutina, aproveitando botellas de plástico, e tamén a elaborar a mestura que hai que meter na botella para que estas avespas se sentan atraídas e caian capturadas”.