Alfredo Llano, presidiu hoxe a súa última xuntanza á fronte da Fundación Expomar
Alfredo Llano, presidiu hoxe a súa última xuntanza á fronte da Fundación Expomar: "fixemos balance da última edición da feira náutico pesqueira, que se celebrou en maio e que foi un éxito. E falamos sobre a vindeira cita que ten a Fundación, que é Produart. Queremos que sexa unha referencia comarcal e provincial".
Llano engadiu que "a Fundación Expomar ten garantía de futuro e quere apostar forte por Burela e polo sector pesqueiro".
Alfredo Llano agradeceu o traballo realizado polos seus integrantes ao longo destes últimos oito anos.