A VIII Edición do Torneo de Veteranos da Feira do Bonito reunirá seis equipos esta fin de semana en Burela
Burela, 31 de xullo de 2026. No marco da programación da Feira do Bonito, Burela acollerá esta fin de semana a VIII edición do Torneo de Veteranos, que se disputará durante as xornadas do venres 31 de xullo e do sábado 1 de agosto no campo da Marosa.
O torneo arrancará mañá, venres 31, co partido do U.D. Folgueiro contra o C.D. Foz, ás 20:00 horas, e a U.D. Folgueiro contra o Mondoñedo F.C., ás 21:00 horas.
Xa o sábado 1 de agosto, os partidos comezarán ás 09:00 horas co encontro entre a S.D. Burela e o C.D. Cariño. Ás 10:00 horas enfrontaranse a S.D. Burela e Cacabelense. Ás 11:00 horas disputaranse dous encontros: o C.D. Cariño contra o Cacabelense, no campo artificial, e o C.D. Foz contra o Mondoñedo F.C., no campo natural.
A final terá lugar ás 13.00 horas do sábado e a entrega de trofeos está prevista para as 15:00 horas, despois do pregón da Feira do Bonito, que se celebrará na explanada portuaria.