• Galego
  • Español

"A Toupiña que quería saber quen lle fixera aquilo na cabeza" chega ao Auditorio Municipal de Burela

  • Un espectáculo familiar cheo de humor, misterio e reflexión para público a partir de 2 anos, o sábado 25 de abril ás 18.00 horas

Burela, 3 de febreiro de 2026. O Auditorio Municipal de Burela acollerá o sábado 25 de abril ás 18.00 horas o espectáculo familiar A Toupiña que quería saber quen lle fixera aquilo na cabeza, unha proposta escénica da compañía Xanela de Maxín dirixida a público infantil e familiar, recomendada a partir de 2 anos.

A obra presenta a historia dunha toupiña que, tras sufrir un inesperado incidente ao saír do seu tobo, decide iniciar unha peculiar investigación pola granxa para descubrir cal dos animais foi o causante. No seu percorrido atoparase con diferentes personaxes, nunha sucesión de situacións cheas de humor e sorpresa.

Cun ton divertido, o espectáculo conecta co público máis novo e tamén co adulto, ao tempo que introduce valores como o respecto polos animais, a curiosidade e a importancia de reflexionar sobre si realmente a vinganza paga a pena. A proposta inclúe ademais unha lectura máis profunda sobre cuestións como a convivencia, o coidado do medio e a xestión das emocións.

Dende o Concello destacan que iniciativas como esta contribúen a enriquecer a oferta cultural do municipio, fomentando o acceso á cultura dende idades temperás e promovendo momentos de encontro entre a veciñanza.

As entradas xa están á venda e poden adquirirse a través de páxina Ataquilla.com