• Galego
  • Español

A FUNDACIÓN EXPOMAR ORGANIZA UNHA XORNADA SOBRE NUTRICIÓN QUE SE CELEBRARÁ MAÑÁ NA CONFRARÍA DE PESCADORES DE BURELA. ALFREDO LLANO ANIMA A ASISTIR.

Burela, 14 de decembro de 2021. A Fundación Expomar organiza unha xornada sobre nutrición que se celebrará mañá pola tarde na confraría de pescadores de Burela. O alcalde burelés e presidente da Fundación Expomar, Alfredo Llano, anima a asistir a esta sesión informativa na que tamén haberá degustación de especies pesqueiras.

O rexedor considera que “é unha boa iniciativa, a través da Fundación Expomar, facer unha xornada informativa e de degustación de especies pesqueiras porque unha das razóns polas cales existe a Fundación Expomar é para a defensa a ultranza de todo o que sexa o sector náutico pesqueiro. A Fundación Expomar estar aí para promocionar, difundir, divulgar e facer todo aquilo que sexa necesario para que sexa apreciado por todo o mundo, porqué razón é importantísimo o sector pesqueiro”.

Alfredo Llano pensa que “estas xornadas veñen demostrar claramente os beneficios de todo o peixe no sistema de alimentación, tanto para os nenos, como os adultos e os maiores. Hai que ter en conta ademais a importancia grandísima que ten o sector pesqueiro no noso concello con respecto ao movemento económico e social e cultural incluso. Pero tamén hai que ter en conta que o produto que se trae do mar é natural ao cen por cen e todos os especialistas coinciden en dicir que o pescado como alimento é do mellor que pode haber. Polo tanto, queremos darlle importancia ao sector pero tamén ao produto”.

O alcalde de Burela sinalou que “esta xornada vai ser na confraría de pescadores, a partir das cinco e media. Citamos a todo o mundo que teña algún interese. Vaise falar de moitos beneficios, incluso na saúde co aporte do peixe na alimentación. Queda invitado todo o mundo que poida acudir. Vai haber uns conferenciantes e especialistas importantes e ao remate haberá debate. Queremos expoñer o produto que traen do mar os nosos pescadores e os nosos armadores ao porto de Burela, que se poxa aquí, e que se vexa que ten o sector como medio de traballo, de cultura e de sistema económico. Ademais estamos aportando moitísimo á cadea alimentaria e queremos que se saiba. O produto é fundamental e penso que nos debe preocupar a todos a alimentación, por iso o facemos”.

Na xornada abordaranse entre outras cuestións a dieta atlántica e a súa importancia na poboación xeriátrica, nutrición e ril, manexo nutricional da diabete…

Visita do Delegado do Goberno

O Delegado do Goberno en Galicia, José Miñones, visitará mañá Burela. Está previsto que a partir das 13:15 horas asine no libro de honra do Concello.