• Galego
  • Español

A CONCELLERÍA DE INMIGRACIÓN, COOPERACIÓN E INTEGRACIÓN DE BURELA SEGUE CO MOVEMENTO DO COMERCIO XUSTO. O 19 DE NOVEMBRO TERÁ LUGAR A REPRESENTACIÓN TEATRAL “VAIA TEA!”

Burela, 16 de novembro de 2021. O comercio xusto chega unha vez máis a Burela da man de Solidariedade Internacional de Galicia coa fin de seguir espallando a súa mensaxe: promover unhas relacións comerciais máis xustas entre países respectando os dereitos humanos.

No marco da campaña Aquí e Acolá O Xusto, xa se realizou en Burela a feira Comercio Con Sentido de produtos de comercio xusto na Praza da Mariña o 22 de outubro. E agora vai ter lugar a representación da obra teatral “Vaia Tea!” na Casa da Cultura o día 19 de novembro ás 20:00 horas. A entrada ao espectáculo, recomendado para un público a partir de 12 anos, será de balde ata completar aforo.

A representación teatral “Vaia Tea!” da compañía Xucrut Teatre pretende achegar aos/as espectadoras a realidade que existe detrás do consumo de roupa a través do humor e a invitación á reflexión.

A campaña Aquí e Acolá O Xusto, financiada pola Xunta de Galicia e Cooperación Galega, coa colaboración do Fondo Galego de Cooperación, nace para sensibilizar á poboación sobre as desigualdades sociais que provoca o comercio internacional e achegar alternativas de consumo máis sostibles que respecten os dereitos humanos de todas.