• Galego
  • Español

A concelleira de Servizos Sociais, Carmela López, lembra que continúan en Burela as consultas gratuítas de audioloxía, podoloxía e memoria do programa Porta a Porta

Destes servizos poden beneficiarse persoas maiores de 55 anos solicitando cita previa no teléfono 622 748 283 ou no correo electrónico coidadosportaaporta.politicasocial@xunta.gal

O autobús onde se realizan as consultas está situado na Praza do Concello de Burela hoxe, 29 de abril, e o 2 e 3 de maio


Burela, 29 de abril de 2022.-  A delegación de Servizos Sociais do Concello de Burela lembra que o programa Porta a Porta da Xunta de Galicia continúa hoxe, 29 de abril, na localidade, e que volverá os próximos 2 e 3 de maio instalando o seu autobús na Praza do Concello.

O programa ofrece consultas de audioloxía, podoloxía e estimulación da memoria destinado a todas as persoas maiores de 55 anos que así o desexen, con cita previa e de xeito gratuíto. 

O autobús percorre distintas localidades co fin de prestar servizos asistenciais ás persoas maiores, debendo solicitar cita previa no teléfono 622 748 283 ou no correo electrónico coidadosportaaporta.politicasocial@xunta.gal

No servizo de podoloxía farase unha consulta básica, valorando o estado xeral do pé, así como un corte e limpeza de unllas e eliminación de durezas, calos e helomas. En audioloxía realizarase unha valoración e exploración funcional da audición e prevención da perda auditiva. Coa estimulación cognitiva, un profesional fará unha valoración cognitiva e achegará as pautas desde unha perspectiva terapéutica de como previr e aminorar un deterioro en caso de habelo.

A concelleira de Servizos Sociais, Carmela López, explicou que “o prazo de inscrición permanece aberto para todas as persoas interesadas e que cumpran os requisitos, polo que as animamos a pedir cita previa e achegarse a facer estas revisións sen ningún tipo de custo económico”.