• Galego
  • Español

A Casa da Cultura de Burela acolle mañá 'BIEN', o show de humor de David Puerto

Burela, 8 de maio de 2026. Este sábado, 9 de maio, ás 20:00 horas chega á Casa da Cultura de Burela 'BIEN', o espectáculo de humor de David Puerto.

A cita enmárcase na programación cultural municipal e chega coa vontade de ofrecer ao público unha proposta de comedia en directo, fresca e participativa, para gozar dunha noite de risas na vila.

Desde o Concello salientan que esta iniciativa responde á aposta do equipo de goberno por unha programación cultural estable, diversa e de calidade, que achegue a Burela espectáculos actuais e atractivos, ao tempo que dinamiza a vida cultural e social do municipio e contribúe a facer da Casa da Cultura un espazo de encontro para todos os públicos.

As entradas poden adquirirse a través da plataforma Ataquilla.