• Galego
  • Español

A Biblioteca Municipal de Burela fai entrega dos premios da fase local do concurso das Letras Galegas 2024

  • A cativada que resultou premiada, 13 nenas e nenos en total, pasará agora á fase provincial deste concurso, organizada pola Biblioteca Pública de Lugo

Burela, 13 de xuño de 2024. A Biblioteca Pública Municipal de Burela fai entrega dos premios da fase local do concurso de narración e debuxo infantil Letras Galegas 2024.

A nova edición deste certame tivo como tema “Ler para pensar, pensar para ser libres”, e foi organizado en Burela polo Concello a través da Delegación de Cultura e a Biblioteca Municipal.

A cativada que resultou premiada, 13 nenas e nenos en total, pasará agora á fase provincial deste concurso, organizada pola Biblioteca Pública de Lugo.

A entrega de premios da fase local tivo lugar onte na Casa da Cultura de Burela, e contou coa participación da alcaldesa Carmela López, que quixo “felicitar a todas as nenas e nenos participantes polos marabillosos traballos que presentaron, que amosan o seu compromiso coa lectura e a nosa lingua”.

Pola súa banda, a concelleira de Cultura, Lina Gómez, aproveitou a ocasión para "seguir animando a toda a cativada de Burela a que nunca perdan a ilusión por escribir e debuxar e sigan participando nestes certames".

No concurso de narración resultaron premiados na categoría ata 8 anos Teo Domínguez García, Aldara Níñez Gómez e Leo Fraga Río, todos eles estudantes do CEIP Vista Alegre.

Na categoría de 9 a 11 anos resultaron premiadas Noa Mera Braña e Sara Álvarez Fernández, tamén do CEIP Vista Alegre. E na categoría de 12 a 16 anos, Jimena Domínguez García do CEIP Vista Alegre, Ana Lestao Ben do IES Perdouro e Jorge Melo Reigosa do CEIP Vista Alegre.

Por outra banda, no concurso de debuxo infantil, gañaron a categoría ata 8 anos Naia Fontenla Suárez do CEIP Vista Alegre e de novo Teo Domínguez García e Aldara Níñez Gómez.

A categoría de 9 a 11 anos foi gañada por Pedro Cociña Lestao do CEIP Virxe do Carme e por Ivan Nadiel Miranda Afanador e Uxía Níñez Gómez do CEIP Vista Alegre.

Finalmente, a categoría de 12 a 16 de debuxo foi gañada de novo por Jimena Domínguez García e Ana Lestao Ben, así como por Hugo Rivas Méndez do CEIP Vista Alegre.