• Galego
  • Español

A ALIMENTACIÓN E O CONSUMO RESPONSABLE CENTRARON AS ACTIVIDADES DESENVOLVIDAS POR GAIA NO CEIP VIRXE DO CARME.

Burela, 19 de marzo de 2022. As monitoras de Gaia do Concello de Burela realizaron diversas actividades centradas na alimentación e no consumo responsable co alumnado do Ceip Virxe do Carme.

Coas nenas e cos nenos de 3º de Primaria traballaron “o desfilparro de alimentos, xa que este pasado luns foi o día do consumo responsable. Centrámonos en comprender por qué é importante non tirar comida e cómo podemos facer para non despilfarrala, e fixemos varias fichas sobre esta temática”, explicaron as monitoras de Gaia.

E engadiron: “tamén traballamos cos alumnos de 5° de Primaria o tema da compra a granel, as súas vantaxes e inconvenientes, e demos recomendacións para unha compra máis sostible”.

 

aula gaia burela