A Alcaldesa e a Concelleira de Servizos Sociais de Burela visitan a María Consuelo Fanego Doval polo seu 101 aniversario
Burela, 9 de marzo de 2026. A alcaldesa de Burela, Carmela López, e a concelleira de Servizos Sociais, Sandra Fernández, achegáronse a felicitar a María Consuelo Fanego Doval polo seu 101 aniversario, trasladándolle en persoa os seus parabéns nun día tan especial.
Durante a visita, as representantes municipais fixéronlle entrega dun ramo de flores e compartiron con ela un momento moi agradable, celebrando xuntas esta data significativa.
Con este xesto, o Concello quixo recoñecer e poñer en valor ás persoas maiores de Burela, que forman parte fundamental da comunidade e son depositarias da memoria, da experiencia e dos valores do municipio.