IGREXA DA VILA DO MEDIO

Destacan as súas excelentes pinturas murais do século XV, de autor descoñecido e factura medieval, encadradas dentro do estilo gótico tardío. Representan escenas da Paixón de Xesucristo. Actualmente consérvanse en bo estado dúas delas: “A flaxelación” e “A sepultura de Xesús”.

Como moitas outras na súa época, foron cubertas con cal ao longo dos anos para evitar a propagación de pestes, descoñecendo os fregueses a súa existencia. No ano 1962 deixou de ter culto e foi abandonada á súa sorte, apoderándose dela a vexetación e víndose abaixo parte do teitume, ata que afortunadamente no ano 1973, a medio destapar polas condicións nas que se atopaba o templo, descóbrenas uns nenos buscando unha pelota que lles caera accidentalmente no seu interior cando estaban a xogar nos seus arredores.

Ademais, garda no seu interior unha reprodución idéntica da Virxe do Pilar da Catedral Basílica da nosa Señora do Pilar de Zaragoza que foi doada pola mesma.

No exterior pódese percorrer o seu atrio, no que podemos ver o que din que podería ser o seu osario (non hai acordo) e o seu Calvario.

Información ampliada: https://burela.org/gl/patrimonio-arquitectonico

VERÁN 2021:

Visitas guiadas os xoves ás 11:00 h, 12:00 h e 13:00 h mediante cita concertada.

As últimas visitas guiadas á Igrexa do Vila do Medio no verán 2021 terán lugar o xoves 9 de setembro.

O prazo de inscribirse remata o mércores antes da visita.

Teléfono: 982 888 506 (Oficina de Turismo).

Horario de inscricións: de martes a sábado de 11:00 a 14:00 h e de 17:00 a 20:00 h.

Visitas de balde.

Prazas limitadas.