El Musical de los 80s 90s

sábado, 4 Marzo, 2023 - 20:00

Tras o seu paso por lugares tan emblemáticos como o Teatre Apolo de Barcelona ou o Teatro EDP Gran Vía de Madrid e ser disfrutado por máis de 300 mil espectadores "El Musical de los 80's y 90's" da Compañía Onbeat será representado na Casa da Cultura de Burela o Sábado 4 de Marzo ás 20:00 horas. Unha comedia musical moi divertida na que o público compartirá a experiencia dos personaxes cantando, bailando e sendo cómplices de cada un deles. O mellor pop español dos 80 e 90 con temas de grupos como Mecano, Celtas Cortos, Danza Invisible ou Seguridad Social mestúrase con éxitos internacionais e coas mellores cancións do verán que marcaron a nosa xuventude. A inauguración dun bar é a escusa perfecta para organizar o reencontro duns amigos do instituto que remataron os seus estudos hai 25 anos. Ese bar chamado "A Movida do Bacallau" é a sede onde se reúnen para lembrar unha época que marcou as súas vidas ao ritmo da mellor música daquela mocidade onde non existían redes sociais. Co recordo de outrora a realidade demostra que a vida deses vellos amigos cambiou moito pero eles no fondo seguen sendo os mesmos. Non te perdas esta oportunidade de revivir a música destas dúas décadas douradas! 

Casa da Cultura de Burela
Sábado 4 de marzo de 2023 ás 20:00 horas
Venta online de entradas en woutick.es
Entradas anticipadas: 12,00€ (+gastos de gestión online) / Taquilla: 15,00€