El Barbero de Sevilla

domingo, 2 Abril, 2023 - 19:00

A ópera de primeiro nivel volta á Mariña Lucense. O Domingo 2 de abril ás 19:00 horas será representada no Auditorio Municipal de Burela "Il barbiere di Siviglia", unha ópera bufa en dous actos con música de Gioachino Rossini e libreto en italiano de Cesare Sterbini, baseada na comedia do mesmo nome (1775) de Pierre-Augustin de Beaumarchais. A estrea, baixo o título "Almaviva", tivo lugar o 20 de Febreiro de 1816 no Teatro Arxentina de Roma. A trama relata as peripecias dunha parella de namorados integrada polo conde de Almaviva e a moza orfa Rosina. Bartolo, preceptor da rapariga, tamén a pretende a pesar da diferenza de idade. Para evitalo a parella válese da axuda do barbeiro Fígaro, quen mediante enredos engana a Bartolo e consegue unir en matrimonio aos namorados. "Il barbiere di Siviglia" demostrou ser unha das grandes obras mestras da comedia dentro da música e foi descrita como a ópera bufa de todas as óperas bufas. Mesmo despois de douscentos anos a súa popularidade na escena da ópera moderna testemuña a súa grandeza.
Entradas á venda en Ataquilla.com