Discriminación Racial ou Étnica

O Consejo para la Eliminación de la Discriminación Racial o Étnica (CEDRE; órgano colexiado adscrito ao Ministerio de Igualdade, enmarcado na Directiva 2000/43/CE, do Consello, de 29 de xuño de 2000, relativa á aplicación do principio de igualdade de trato das persoas independentemente da súa orixe racial ou étnica) presta o Servizo de Asistencia e Orientación a Vítimas de Discriminación Racial ou Étnica, mediante o que se proporciona atención, asesoramento, apoio e acompañamento a calquera persoa que sufra (ou sufrira) discriminación por motivos raciais ou étnicos.

En Galicia, a Oficina Oficial do Servizo do CEDRE está xestionada por Red Acoge, e dende ela, préstase atención a calquera persoa que poida ser vítima de discriminación racial ou étnica nas 4 provincias galegas. Se precisas contactar, podes chamar ao 021, ou se o prefires, en Galicia, estes son os seus datos:

Podes consultar o resto de oficinas do Estado premendo aquí.

Se che interesa coñecer os resultados do seu traballo, podes consultar a Memoria anual do 2022.

Para máis información, podes acudir á súa páxina web: https://igualdadynodiscriminacion.igualdad.gob.es/home.do