Como Chegar

En Avión

Os aeroportos máis próximos a Burela son os de Asturias, A Coruña e Santiago. Os tres sitúanse a menos de dúas horas en coche do noso pobo, sendo posible tamén, chegar en autobús, nos casos da Coruña e Santiago e en tren no caso de Asturias.

Aeroporto de Santiago de Compostela: O aeroporto de Santiago ofrécenos conexións con 22 destinos diferentes tanto no plano nacional como internacional:. Alacante, Almería, Barcelona, Bilbao, Basel, Istambul, Forteventura, Gran Canaria, Xenebra, Eivissa, Lanzarote, Londres, Madrid, Málaga, Menorca, Palma de Mallorca, París, Sevilla, Tenerife(Norte e Sur) e Valencia.

Aeroporto da Coruña: O aeroporto da Coruña ofrécenos conexións con 7 destinos diferentes: . Barcelona, Bilbao, Londres, Lisboa, Madrid, Sevilla e Valencia.

Aeroporto de Asturias: O aeroporto de Asturias, situado en Avilés, ofrécenos conexións con 12 destinos: . Alacante, Barcelona, Lanzarote, Lisboa, Londres, Madrid, Málaga, Palma de Mallorca, Paris, Sevilla, Tenerife e Valencia.

En Tren

Unha moi boa opción para visitar Burela é mediante o tren, coa liña de FEVE (Ferrocarrís Españois de Vía Estreita) Ferrol - Oviedo – Xixón, a cal ten un apeadeiro en Burela. Esta liña está conectada con toda a costa de Lugo e Asturias. Trátase dunha opción adecuada para gozar tranquilamente da paisaxe que ofrece a costa da Mariña lucense e descubrir o que ofrece Burela.

A continuación mostramos as principais conexións da nosa liña cos seus prezos e horarios, así como un mapa da mesma. Para realizar outras consultas ou a compra de billetes deberá acceder directamente á páxina de RENFE.

En Bus

En Burela temos unha estación de autobuses situada en rúa da Estación. A compañía conecta o noso pobo co resto de Galicia. Mostraremos as conexións de Burela coas cidades de Santiago e A Coruña. Para outras procuras ou compra de billetes deberá accederse á web de ARRIVA.

En Coche

Gozar de Burela é moi fácil desprazándote no teu propio coche ou nun de aluguer. Tes moitas cousas que descubrir no noso marabilloso pobo e nos seus arredores.

Para chegar a Burela de forma sinxela desde calquera punto, deberás utiliza a Autovía do Cantábrico (A8) que percorre a costa cantábrica desde o País Vasco ata Galicia, o que nos conecta con todo o norte.

Outra forma de chegar a Burela, é desde o sur, mediante a Autovía do Noroeste (A6) que une Madrid con Galicia pasando por Castela e León e comunicándote coa A8 descrita anteriormente. Trás estar no Autovía do Cantábrico debes utilizar a principal vía de comunicación da Mariña lucense, a N-642, que une Ribadeo con San Cibrao.