Casa da Xuventude

Os nosos programas tentan axuntar dende a formación complementaria que necesitas ata a maneira máis orixinal de pasar o teu tempo libre cos teus amigos, todo isto, recollido nesta web para que sexa máis sinxelo acceder a toda a información que che ofrece o teu concello e poidas atopar a solución que máis se adapte ás tuas necesidades.

Unha porta de entrada para coñecer vos servizos do pobo relativos ás nosas inquedanzas, problemas, alegrías, ... sempre dende a Oficina de Información Xuvenil (OMIX)

 

Mocidade Concello Burela

 

A Casa da Xuventude como recurso ao servizo dos xoves, un punto de encontro, que oferta actividades e obradoiros para que a nosa mocidade goce dunha entorna tanto educativa como lúdica.

Actualmente esta instalación conta cunha Sala de xogos, dotada de Mesa de Pin – Pon, Máquina de dardos, Xogos de Mesa, etc.

Ademáis dunha Aula Multimedia ou aula CEMIT, dotada con 10 computadores con acceso a Internet, unha Aula de Axuda ao inmigrante cunha ampla mesa para reunións, unha Aula de Usos Múltiples, onde se realizan Actividades, charlas e Talleres de Manualidades entre outras.

 

CASA DA XUVENTUDE BURELA

Rúa do Cancelo, 1 - 27880 - Burela (Lugo)

982 58 11 41

casaxuventude@burela.org

 

Horario de Inverno: Do 1 de setembro ao 14 de xuño.

Luns, Martes, Mércores e Xoves de  09:00 a 14:00 horas e de 16:00 a 19:00 horas.
Venres de 09:00 a 14:00 horas.

Horario de Verán: Do 15 de xuño ao 30 de agosto.

Luns, Martes, Mércores, Xoves e Venres de 08:00 a 14:00 horas.

 

Os nosos obxectivos:

  • Fomentar a información e formación xuvenil.
  • Promocionar actividades culturais.
  • Realizar actividades de lecer e tempo libre.
  • Crear programas e proxectos de educación non formal dirixidos á mocidade no ámbito do lecer saudable, a educación afectivo-sexual, a emancipación xuvenil, a participación e o asociacionismo.
  • Xerar espazos de encontro nos que sexa posible a reflexión e o intercambio de ideas e experiencias entre distintos novos asociados e non asociados.
  • Dar asesoramento ás asociacións xuvenís en materia de creación e xestión de asociacións.
  • Facilitar o acceso á información de interese xuvenil (educación, emprego, vivenda, etc.).
  • Promover o desenvolvemento de proxectos de carácter municipal onde os principais protagonistas sexan os mozos do municipio.
  • Expedir os carnés xuvenís.

 

Ademáis, temos a misión de coordinar e liderar o resto de políticas municipais dirixidas ós mozos e ás mozas nos ámbitos da educación, o deporte, a cultura, etc.